mércores, 22 de xuño de 2022

DEBERES DE VERANO


 

Saída ó museo Ramón María Aller

      O pasado día 3 de xuño os alumnos de 1º e 2º de primaria realizaron unha visita ó museo lalinense Ramón María Aller no cal puideron ver unha exposición de obras de Xosé Antonio Abeledo, Laxeiro, unha das figuras singulares da pintura galega do século XX. 

    Nese mesmo museo tamén puideron visitar o primeiro observatorio de Galicia que despois de unha renovación, aínda hoxe, segue en funcionamento. 

   Logo da visita ó museo realizaron unha pequena camiñata pola vila onde puideron ver a escultura a D. Ramón María Aller Ulloa, o monumento ó porco como símbolo do cocido de Lalín ou a figura do Peregrino. A última parada antes dun pequeno descanso foi no monumento a D. Xoaquín Loriga  e despois tempo de xogo no Paseo Pontiñas.